A Xunta de Galicia vén de anunciar unha liña de axudas económicas con motivo da suspensión de actividade dos centros de atención diúrna de persoas maiores debido a Covid-19.  

Obxectivo xeral

Facilitar a atención das persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores no seu domicilio e para a prestación dos servizos de estimulación física e cognitiva.

Que é?

Unha axuda económica de 500 euros compatible con outra de 100 euros desde a declaración do estado de emerxencia, o 12 de marzo de 2020, ata que se reabran os centros de día.

A quen se dirixe?

Únicamente as persoas usuarias dos centros de día de maiores. No caso de AGADEA:

·        Centro de día para persoas maiores AGADEA (Salgueiriños). Santiago de Compostela

·        Centro de día Alzheimer Ribeira

·        Centro de día municipal da Estrada

Prazo de presentación

Dende o 13 de xuño ata o 13 de xullo de 2020

Que se subvenciona:

a) Modalidade 1. . (Importe máximo de 500€/mes)

·        Contratación dun servizo de axuda no fogar.

·        Gastos derivados da contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras.

·        Compensación pola diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada.

b) Modalidade 2. (Importe máximo de 100€/mes)

Contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva

*As dúas modalidades son compatibles, isto é, as persoas beneficiarias poden solicitar unha delas ou as dúas.

Como se solicita

·        Preferiblemente por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal a través do código de procedemento BS900B

·        Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Que servizos ofrece AGADEA?

AGADEA ten dispoñibilidade para ofrecer o servizo de estimulación física e/ou cognitiva de atención domiciliaria

Onde se contratan estes servizos?

Contactar coas Traballadoras Sociais de AGADEA da súa zona:

Centro de día para persoas maiores AGADEA (Salgueiriños) Santiago de Compostela

T. 722 742 947

Centro de día Alzheimer Ribeira

T. 672 705 053

Centro de día municipal da Estrada

T. 651 981 863

Documentación para presentar coa solicitude do Bono Coidado

·        Copia do contrato de prestación de servizos ou pacto de asistencia asinado coa entidade titular do centro de día.

·        No seu caso, contrato asinado coa entidade prestadora do servizo de axuda no fogar.

·        Contrato ou ampliación do contrato da persoa coidadora.

·        No seu caso, documento da Tesourería Xeral da Seguridade Social ( IDC, facilitado pola empresa) no cal se acredite a situación de redución de xornada ou excedencia durante o período polo cal se solicita a axuda.

·        No caso de pertencer a sistemas de previsión social distintos ao da Seguridade Social ( Muface, Isfas, Mugeju etc.), certificación en que se acredite a referida situación en papel oficial do organismo que emite o certificado debidamente selaxe e coa identificación da persoa responsable que certifica.

·        No seu caso, xustificante da contratación dos servizos de estimulación física e/ou cognitiva.

·        Declaración de que non incorre en inhabilitación para a concesión de subvencións e axudas, e que a persoa para coidar no domicilio era usuaria do centro de día ou do centro ocupacional con anterioridade á suspensión da súa actividade como consecuencia do COVID-19, segundo sinálase no anexo I.

Como se realiza o pagamento da axuda?

·        O pagamento das axudas realizarase con periodicidade mensual, dentro dos 5 pri­meiros días de cada mes.

·        As persoas beneficiarias das axudas percibirán ata o 80 % da cantidade concedida en concepto depagamento anticipado, con anterioridade á súa xustificación, que se fará efec­tivo a partir da notificación da concesión. O 20 % restante librarase unha vez xustificados os gastos. A percepción destes pagamentos, en concepto de anticipo, queda exonerada da constitución de garantías.

·        De conformidade coa natureza das axudas, realizarase un primeiro aboamento corres­pondente ao período comprendido entre o 16 de marzo de 2020, data na que foi efectiva a suspensión da actividade dos centros de día e a data de resolución das axudas.

Xustificación

Para xustificar as axudas presentarase, no prazo de 10 días a contar dende o levanta­mento da suspensión da actividade dos centros de día e dos centros ocupacionais, o ane­xo II xunto coas facturas ou documentos de valor probatorio equivalente do total dos gastos realizados xunto cos xustificantes bancarios ou recibos que acrediten o seu pagamento.

Máis información

DOG Núm. 114-Bis, do venres, 12 de xuño de 2020.https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2020/20200612/2334/AnuncioG0425-110620-0001_gl.html

SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=BS900B&ano=2020&numpub=1&lang=es