O mércores 22 de xuño de 2020, na sala polivante do Centro de Día de AGADEA, na Rúa dos Salgueiriños de Abaixo Nº 15, baixo 15704 Santiago de Compostela, ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas en segunda, celébrase a ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA da Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA), á que están convocados todos os seus socios e socias.
A orde do día é a seguinte:
Aprobación de uso da subvención de investimento da DEPUTACIÓN DA CORUÑA (FOIE/2019) no Centro de Día de AGADEA en Salgueiriños.