AGADEA vén de rematar o ciclo de conferencias sobre Alzheimer que celebrou con motivo do seu 25 aniversario. Ao longo dos últimos tres meses leváronse a cabo tres coloquios aos que asitiron máis de 120 persoas e nos que se trataron puntos novedosos e prácticos dirixidos a familias, cuidadores, profesionais e ao público en xeral.A primeira conferencia, o 27 de marzo, pronunciouna Susana Teijeira, coordinadora do Banco de Cerebros do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. Teijeira explicou todo o proceso para a doación do cerebro, destacando a importancia que supón contar con estas mostras na investigación sobre o Alzheimer. Actualmente, o banco que se atopa no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, conta con 210 cerebros. Lembrou, ademáis, que se precisan máis doantes, sobre todo de persoas sanas para poder avanzar no coñecemento e tratamento da doenza.A segunda, o 25 de abril, correu a cargo do investigador senior do Instituto de Investigación Sanitaria de Galicia Sur, Carlos Spuch. Unha conferencia cun claro afán didáctico no que expuxo en que punto se atopa a investigación mundial e desvelou algunhas das claves da que se está levando a cabo en Galicia: “No noso estudo partimos de que ao mellor o secredo para tratar o Alzheimer está nas mulleres galegas’. |
Jose Manuel Amigo Vázquez, notario e ex decano do Colexio Oficial de Notarios de Galicia, José Manuel Amigo Vázquez, pronunciou a derradeira conferencia tratando un tema controvertido a nivel emocional, a incapacidade legal das persoas con discapacidade. A súa exposición xerou un amplo coloquio posterior, no que xurdiron temas de gran actualidade como o voto das persoas con discapacidade, o testamento vital e mesmo a eutanasia dende o punto de vista legal.