O departamento de Servizos Sociais do concello de Riveira organiza unhas xornadas para a promoción social das persoas maiores e mellorar a vida do colectivo da terceira idade. Trátase dun ciclo integrado por media ducia de actividades entre as que se inclúen varios cursos, que podedes ver no cartel adxunto.
A primeira das propostas é precisamente un curso sobre o alzhéimer, que está dirixido a profesionais da rama sanitaria e que será impartido por Agadea. Trátase dun taller de 20 horas que está recoñecido de interés sanitario pola Xunta de Galicia. Ten lugar entre o 1 e o 10 de abril e poderán participar nel trinta alumnos. A inscrición ten lugar en Servizos Sociais do concello de Riveira
PROGRAMA
Módulo 1: Demencia e Enfermidade de Alzhéimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico.
Docente: Dra. Marta Saavedra. Neuróloga do Hospital da Barbanza
Módulo 2: Trastornos de Conduta na enfermidade de Alzhéimer.
Docente: Dra. Iria Veiga. Psiquiatra do Hospital da Barbanza
Módulo 3: Aplicacións prácticas de Fisioterapia na enfermidade de Alzhéimer e outras demencia.
Docente:Dna. Adriana Curros. Fisioterapeuta do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA
Módulo 4: O papel da familia fronte á enfermidade do Alzhéimer. Estratexias de afrontamento.
Docente:Dna. Mª Noelia Riaño. Psicóloga Sanitaria – Directora do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA
Módulo 5: A importancia das Terapias non farmacolóxicas no tratamento da enfermidade.
Docente:Dna. Martina González. Educadora Social do Centro de día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA
Módulo 6: Recursos Sociais.
Docente:Dna. Lucía Fandiño. Traballadora Social do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA
Módulo 7: Organización e planificación das Actividades da Vida Diaria
Docente:Dna. Iria Piñeiro. Terapeuta Ocupacional do Centro de Día do Concello de A Estrada – AGADEA
Módulo 8: Cuestión Legais a ter en conta fronte á demencia.
Docente:Dna. Mercedes Blanco. Avogada