Estamos de Aniversario. Un 25 de marzo de 1994 un grupo de persoas únense para fundar a primeira asociación de Galicia que prestará apoio as persoas con demencia tipo alzhéimer e as súas familias.
A presentación de Agadea á sociedade ten lugar uns meses despois da man do noso primeiro presidente, o neurólogo Alfredo Robles. Naquel acto, que recolle El Correo Gallego, Robles marca como algúns dos obxectivos constituir grupos de apoio entre as familias, estudar as necesidade de centros de día, realizar charlas, buscar doacións e informar sobre os últimos avances terapéuticos.
Vintecinco anos despois Agadea alcanzou importantes metas pero aínda queda moito que facer. A nosa historia é unha historia de traballo, de loita e de ir conseguindo obxectivos pasiño a pasiño pensando sempre en mellorar a calidade de vida das persoas coa doenza e dos seus familiares. Por iso, ao longo deste ano, voltaremos a mirada atrás para destacar fitos importantes da nosa entidade, aqueles que nos axudaron a crecer e que marcan o noso deambular.
O primeiro é iste que hoxe vos presentamos; a fundación de Agadea, tal e como a recolle o xornal El Correo Gallego. Na foto, o primeiro presidente de Agadea, o neurólogo Alfredro Robles.
Foto cedida por El Correo Gallego.