O vindeiro luns 19 de novembro Agadea organiza no seu centro do Concello da Estrada unha xornada de portas abertas, co obxectivo de amosar a todas aquelas persoas que o desexen os seus obradoiros Cultiva o corpo e Envellecemento activo.
O primeiro dos obradoiros está dirixido ás persoas maiores que busquen mellorar e conservar as súas capacidades físicas, evitando a dependencia e retrasando a aparición de enfermidades asociadas ao envellecemento. O segundo dos talleres ten como finalidade estimular a nivel cognitivo, funcional e social á persoa con deterioro cognitivo moi leve ou sen deterioro a través de actividades específicas.
A xornada de portas abertas desenvolverase de 18 a 19h para o obradoiro «Cultiva o corpo» e de 19 a 20h para o de «Envellecemento activo», no primeiro andar do Edificio do Novo Mercado da Estrada.