Agadea Alzhéimer imparte, a partir de hoxe venres, día 5 de outubro, a primeira sesión da súa Escola de Familias, en Santiago e na Estrada. Trátase dun curso gratuito que está dirixido a coidadores non profesionais e ás familias de persoas con alzhéimer. Desenvolverase todos os venres alternos no Centro Cívido de Santiago e nas dependencias de Agadez na Estrada (Edificio do Novo Mercado), respectivamente.
O curso, que será impartido pola psicóloga de Agadea Alzhéimer, Alba Felpete, ten como obxectivo axudar no día a día dos coidadores aportando os coñecementos básicos para que realicen un coidado óptimo da persoa ao seu cargo. As esixencias de coidado continúas prolongadas xeran nestas persoas e familias situacións de estrés que poden derivar en problemas psicolóxicos, físicos e mesmo económicos. A través da ‘Escola de Familias’ preténdese reducir esta problemática e propiciar que a familia poida exercer os coidados sobre o doente pero á vez aumente a súa calidade de vida.
Agadea tamén organiza o programa Envellecemento Activo, para persoas maiores en Xeral. O seu obxectivo é previr o deterioro cognitivo e promover un estilo de vida activo e saudable. Actualmente desenvólvense en Santiago, A Estrada, Ribeira, Vedra, Arnois e Vilar de Calo. Tamén son gratuitos e están abertos a todo o público.
Pódese inscribir ou pedir máis información en agadea@agadea.org ou no teléfono 647 589 725.
Faise eco desta nova:
El Correo Gallego: https://tinyurl.com/yddbazag
La Voz de Galicia: https://tinyurl.com/ya62wpzu
Faro de Vigo: https://tinyurl.com/ybs2maqo