Durante o mes de setembro AGADEA intensifica o seu programa de actos para dar visibilidade ó alzhéimer e potenciar unha maior concienciación social sobre a doenza. O acto principal levarase a cabo o día 22 de setembro no Mercado de Abastos de Santiago de Compostela cun evento ao que están invitadas todas as persoas que desexen acompañarnos.
Luns 10 setembro
Charlas sobre Alzhéimer en Ribeira e na Estrada
Sábado 15 setembro
Andaina ‘Camiños da Memoria’ na Estrada. As 19.00 horas na Praza do Concello
Luns 17 setembro
Charla ‘Coidado en Pacientes Inmovilizados’
Mércores 19
Charla O Alzhéimer e o papel das Asociacións (Rúa de Abaixo, 3 baixo, Milladoiro)
Venres 21 de setembro
- Charlas ‘Memoria e Envellecemento’ en Riobó e Curantes (A Estrada)
- Charla no Centro Social de Boiro sobre Trastornos de Conducta na Enfermidade do Alzhéimer
- Exposición Fotográfica ‘Lembranzas’ en Farmacia Cimadevila, Boiro
- Mesas Informativas: Hospital Clínico, Hospital Provincial, Ambulatorio Concepción Arenal, Centro de Saúde da Estrada, Centro de saúde Vedra
- Mesas en Santiago: Praza do Toural, Hipercor e Área Central
- Mesas en Ribeira: Hospital do Barbanza e Concello de Ribeira
Sábado 22 de setembro.
- 12.00 horas. Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Entrega de material reinvindicativo os/as traballadores dos postos e a cidadanía e mesa informativa
- Mesas Informativa na Praza Roxa de Santiago de 16.00 a 19.00 h
- Misas – Sábado 20.00 e domingo 23.00 en San Fernando
Arquivos adxuntos: