Entre o 14 e o 20 de agosto a presidenta de AGADEA, Isabel Gey e as voluntarias Toña e Tere Garabal, das que partiu a idea, realizaron o Camiño Portugués, entre Tui e Compostela. Nesta nova recollemos as crónicas escritas por Toña Garabal ao longo desta peregrinaxe, que resoltou unha experiencia única para coñecer o envellecemento activo neste itinerario, á vez que se compartiron coñecementos sobre o alzhéimer con peregrinos doutros países e, en definitiva, serviu para visibilizar e sensibilizar sobre as demencias. Unhas 25 persoas acompañaron a AGADEA na derradeira estapa chegando ao Obradoiro un numeroso grupo de voluntarios que foron recibidos pola alcaldesa en funcións de Compostela, María Rozas. Rozas destacou o «enorme» labor que desenvolve esta entidade en apoio das persoas con alzhéimer, das familiares e coidadores.
Primeira etapa: “Tui-Porriño, aproximadamente uns 20 km nos que coñecemos os centros de atención aos maiores que hai ao longo da ruta. Nada mais saír de Tui atopámonos aprox. a 2km o Centro de Día#AMORALIA. É un centro privado que acolle a 130 persoas dende as 8:30h ata as 19:30 h. podendo asistir dende un mínimo de 3h. Os usuarios/as teñen a opción de acudir de mañá ou tarde ou toda a xornada. O centro realiza diferentes actividades de estimulación cognitiva contando cun ximnasio e servicios externalizados de podólogo, fisio, peluquería e transporte adaptado. Pola tarde en OPorriño, visitamos unha unidade terapéutica de Alzhéimer de AFAGA con capacidad para 12 prazas pola mañá e 12 pola tarde, asistidas por unha psicóloga e dúas auxiliares. Unha vez á semana conta cunha traballadora social que atende ás familias.
No Porriño tamén nos enteramos que hai outros 3 centros de dia de maiores pero non tivemos a oportunidade de visitalos. Máis tarde acercámonos ao centro terapéutico que hai no Concello de Mos. Atende 2 días á semana a 10 persoas con deterioro cognitivo lixeiro. Este centro tamén de AFAGA, esta atendido por un técnico e unha auxiliar sendo atendidas as familias por unha traballadora social. O camiño sorprendeunos porque pensabamos que ían ser moitos kms por estrada, pero non foi así. Tivemos moitos kms baixo grandes carballos e sobre un camiño moi ben acondicionado de terra, pasando en varias ocasions por pequenas pontes de pedra e chegando a O Porriño,un paseo estupendo baixo as sombras das árbores e pola ribeira do río Louro»
Segunda etapa: “O Porriño-Arcade, aprox. 22 Km. Esta segunda etapa en nada se pareceu a de onte. Aínda que saímos moi cedo de O Porriño, 7 da mañá, a etapa resultou realmente durilla porque nada mais saír de O Porriño fomos subindo durante máis dunha hora por estrada e logo baixadas empinadas . Poucos tramos de camiño de terra e con sombra.
Tamén atravesamos varias veces a estrada 550 e puidemos comprobar que é realmente complicado e perigoso cruzala porque non hai nin pasos de cebra nin pasos subterráneos.
Nesta etapa encontramos moita xente xove facendo o Camiño e puidemos conversar tamén cunha logopeda catalana que traballaba con persoas con Parkinson intercambiando experiencias e información con ela.
Estamonos dando conta unha vez máis que a enfermidade de Alzhéimer é unha doenza moi extendida porque a xente cando nos ve coas camisetas co slogan » CAMIÑANDO POLO ALZHEIMER» achéganse a nós, e cóntannos as súas experiencias con esta enfermidade, ben por padecelas familiares deles, ou algunhas amizades. Tamén se mostran interesados por coñecer como funciona a asociación AGADEA.
Hoxe como e festivo non tivemos a oportunidade de visitar ningún dos centros de día que hai en Redondela nin Arcade”
Terceira etapa: “Quince quilometros de ruta que resultou fenomenal non só porque foron poucos kms en comparación cos de onte senón que tivemos case todo o tempo camiños de terra e sombreados.
Aínda que unha vez pasado Soutomaior tivemos unha gran subida monte arriba ao longo de 6 km aprox. Esta subida tiña grandes pedras e lousas con marcas de carro pero despois, o Camiño transcorreu por sendeiros veciñais nos que estaban rodeados non só de grandes parras , aínda coas uvas verdes, senón tamén campos de millo e árbores variadas.
Neste tramo e a altura da capeliña de Sta Marta conversamos con dúas pelegrinas, unha de Alemaña e a outra de Xapón. Falando das nosas camisetas a que era de Alemaña comentounos que ela era biotecnóloga e que traballaba tamén no campo da investigacion sobre o Alzhéimer no campo do diagnóstico precoz.
Chegando a uns 7 kms de Pontevedra metímonos polo Camiño alternativo ao que vai pola estrada é que realmente foi unha gozada porque foi precioso e resultounos moi relaxante xa que ía pola beira do rio Tomeza e baixo un pequeno bosque de ribeira que albergaba castiñeiros, carballos, aveleiras, ameneiros e bidueiros.
Nada máis chegar a Pontevedra acercámonos ao Centro de Día Específico de Alzheimer de Pontevedra e recibiunos o presidente de AFAPO José Fontenla e a tesoreira da asociación Pilar Amaro Cendón. Este centro atende a unhas 35 persoas con enfermidades neurodexenerativas con diferente grado con atención diferenciada dependendo do seu nivel cognitivo.
Despois de visitar este centro Pilar, que é tamén directiva no albergue para pelegrinos «Virgen Peregrina» mostrounos o albergue que ten unha capacidade para 80 persoas. Comentounos que este Camiño Portugués ten cada vez máis afluencia e que son os asiáticos os de maior presencia sobre todo ao longo do inverno.
Pola tarde despois de descansar tivemos unha agradable e animada charla con membros da Asociación de Amigos do Camiño Portugués e co seu presidente Celestino Lores que nos falou dos atrancos que ten coa administración en relación ao tema da seguridade dos pelegrins no Camiño cando pasa polas estradas e a errada identificación da sinal do Camiño de Santiago que nalgunhas ocasións aparece ao revés, aspectos éstes que nos lle comentamos porque o vimos e o vivimos»
Cuarta etapa: “Entre Pontevedra e Caldas de Reis (23 kms). Antes de nada aclarar o erro que tiven na entrada de onte con respecto ao nome do presidente da Asociación do Camiño de Santiago Portugués que é CELESTINO LORES. !Mil diculpas!
Hoxe a etapa foi un pouquiño mais relaxada porque o tempo estivo moitísimo máis fresco e axudaba a andar. O percorrido discurreu esta vez,por camiños agrícolas e sombreados por emparrados cargados de uvas ¡aínda moi verdes! e noutros momentos tamén bastante tranquilos por camiños baixo grandes eucaliptos e carballos.
Tamén, nalgún momento volvimos a sufrir a perigosidade do camiño, pois tanto os peregrinos como os coches e camións parecía que loitabamos por un cachiño de estrada.
Como o camiño resultou máis tranquilo dounos pé para ir falando cunha rapaza arxentina e comparar, os coidados que teñen as persoas maiores no seu pais e aquí .
Como o das camisetas é un foco de atención entre todos os camiñantes felicítannos pola iniciativa e algúns contannos as súas vivencias.
Xa rematado o camiño e en Caldas de Reis acercámonos a unha froiteria e douse a casualidade que alí nos parou unha señora maior que estaba co seu fillo, nora e neta, e comentounos que ela tiña o seu marido diagnosticado de Alzheimer dende ¡fai 28 anos! Díxonos, que era de Madrid e socia fundadora e presidenta de honra da Asociación TORRAFAL de Torrejón de Ardoz. Contounos que teñen 300 socios e un centro de dia que atende a 50 persoas en turnos de mañá e tarde e que están separados según o seu nivel cognitivo.
Pola tarde estando descansando coincidimos tamén cunha parella que esta a facer o Camiño e falando con eles dixeron que o pai da muller acababa de ser diagnosticado de demencia por Corpos de Lewy e ofrecéronse para levar unha das nosas pañoletas co eslogan e acompañarnos na última etapa o dia 20, ata praza do Obradoiro en Santiago. Esta andaina «Camiñando polo Alzheimer» esta dando para ¡moito!”
Quinta etapa: “Hoxe tivemos a compañía de Sacra ao longo da etapa que vai de Caldas de Reis a Padrón (19 kms) Este tramo do Camiño tamén foi estupendo e transcorreu en moitos kms baixo as sombras de eucaliptos e carballo por corredoiras que neste momento estan secos, pero no inverno deben ir bastante embarrados porque se ven os regatos que as inundan.
Baixando polas aldeas polas que pasa o Camiño poidemos ver outra vez un montón de emparrados que cubrian o Camiño asi como cantidades inmensas de campos con millo, hortas cultivadas con productos que invitaban a saborealos sobre todo os fermosísimos tomates que tiñan todas elas ou a labregos facendo labores típicas do agro. O ser unha etapa máis lixeira que as anteriores tivemos a posibilidade de charlar mais tranquilamente cos diferentes pelegrínos cos que nos acompañaban no Camiño. Concretamente a que máis nos impactou foi unha familia de California que nos dixo que tiveran a súa avoa e tío con Alzheimer. A filla emocionouse cando falaron de eso.
Coa chegada a Padrón xa nos queda menos pero ao mesmo tempo da pena de que vai rematando esta experiencia.”
Sexta etapa: “A etapa de hoxe dende Padrón a Parada de Francos (12kms) foron un paseo. Non só polo número de kms senón porque o percorrido non tivo grandes subidas nin pendentes acusadas. A maioría foron por camiños, corredoiras e estradas rectas. O Camiño, nalgúns momentos transcorreu pola N- 550 pero a maioría dos kms por sinuosas corredoiras e estradas veciñais que atravesaban pequenas e fermosas aldeas algunhas delas con casas novas e rehabilitadas e hortas traballadas.
A altura do Faramello deixamos o Camiño na estrada N-550 e adentramonos cara a aldea de Angueira de Castro e percorrimos, bordeando o río Tinto, afluente do Sar, o pequeno sendeiro primitivo do Camiño Portugués que percorrían os pelegrinos antes de ser desviado pola estrada N-550. Entre os obxectivos que ten a Asociación de Amigos do Camiño Portugués é a recuperación deste sendeiro según nos dixo o outro día o presidente da Asociación .
Este sendeiro levounos, antes de chegar ao final da nosa etapa, a ver o pequeno bosque recordo que se fixo en memoria das vítimas do tren Alvia e a unha ponte medieval pequeniña pero preciosa cerca da carballeira onde se celebra a feira cabalar do San Mariño.
Ao longo desta etapa camiñaron con nós a parella de Getafe e levaban tamén visibles as pañoletas co noso slogan e queren chegar a Santiago tamén con nós. O luns 20 rematamos a andaina e aínda que cansadas ¡danos pena! Espero que mañán nos acompañe moita xente ata o Obradoiro”
Séptima e derradeira etapa: “Hoxe era o final da nosa andaina ao longo de Camiño portugués dende Tui. Fixéramos unha invitación a amigos/as e coñecidos/as para que se animaran a facer con nos esta etapa de 12 kms e xuntámonos unhas 25 persoas entre as que estaban 3 nenos/as e 2 persoas de máis de 70 anos que, non se desanimaron en ningún momento, aínda que por momentos as subidas e pendientes facían acto de presencia.
Realizamos o percorrido a través, dos camiños, aldeas e estradas que nos acercaban a Santiago. Saímos de Francos con moita calma charlando animadamente entre todos e todas, ata que decatámonos de que o tempo se nos viña enriba e como nos esperaban no Obradoiro comezamos a apretar a marcha.
No Obradoiro estaban esperándonos a alcaldesa en funcións, dous concelleiros da corporación municipal que nos felicitaron pola iniciativa desenvolvida, e algúns medios de comunicación . A alcaldesa en funcións pronunciou un pequeno discurso onde fixo mención da labor que fai AGADEA e a colaboración que teñen con eles noutras moitas actividades. A continuación Isabel como presidenta de AGADEA agradeceulles o recibimento así como a participación de tódalas persoas que nos acompañaron nesta última etapa. Para nós, que iniciamos esta andaina o día 14, foi un momento moí feliz e emotivo, xa que supón a realización dun obxectivo que valoramos moi satisfactoriamente. Ao longo do Camiño puidemos comprobar que as persoas coas que contactábamos sentíanse moi solidarizadas co noso proxecto e tamén nos contaban as súas vivencias co Alzhéimer. Iso dábanos ánimos a pesar do cansancio que podíamos ter.
Non quero finalizar estas pequenas crónicas sen dar as grazas a tódalas persoas que colaboraron con donativos, acompañándonos na andaina, seguíndonos en facebook ou whassap ou persoalmente dándonos ánimos Grazas! Grazas! Grazas!
Na medida que poida, seguiremos Camiñando polo Alzheimer e outras enfermidades neurodexenerativas apoiando, como neste caso, a AGADEA, polo traballo que desenvolve coas persoas con Alzhéimer e as súas familias»
** Dende AGADEA dámoslle as grazas a Toña e Tere Garabal por esta fantástica iniciativa.
** Esta nova foi recollida polos Medios de Comunición. Pósede ler nestes enlaces:
El Correo Gallego: https://bit.ly/2Mnlhoi
La Voz de Galicia: https://bit.ly/2nVDGtI