Con motivo da celebración do 25 Aniversario de Agadea Alzhéimer, os centros  de Ribeira (Centro de Día e o Servizo de Estimulación) proponen a todos os establecementos hostaleiros do concello participar no proxecto 12 meses, 12 receitas para o recordo’.

A iniciativa consiste en que o último venres de cada mes os participantes elaboren una receita do  exitoso libro ‘Recetas para el Recuerdo’ no que se recuperan pratos tradicionais en proceso de esquecemento.

Agadea fará entrega dun libro a cada establecemento.

Os interesados poden ter máis información no t. 981 87 29 13 / 672 705 053 ou no cdiaribeira@xunta.gal