Transparencia

Portal de transparencia

Programas de cooperación.

Garantía xuvenil 2019. Xunta de Galicia.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria subvenciona a contratación de tres persoas desempregadas en AGADEA.

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, subvenciona a contratación de tres persoas desempregadas acollidas o programa de Garantía Xuvenil en AGADEA en Santiago de Compostela, A Estrada, Vedra e Ribeira durante 7 meses dende o outubro de 2019.

Esta axuda está subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante resolución de data 1 de outubro de 2019, estando cofinanciada polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil nun 91,89€, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

A denominación do servicio e “Contratación de persoal para AGADEA”.

Entre as actuacións a realizar entre outras son: O rexistro de actividades básicas de aseo (eliminación, cambios de cueiro, hidratación…), acompañamento e vixilancia durante o paseo e saídas ao exterior, axuda nos desprazamentos, comunicación e requirimentos da persoa usuaria para proporcionarlle o maior benestar posible, asesoramento e pautas de modificación de aseo as familias, e a execución de actividades terapéuticas simples. A aportación económica, emplearase para sufragar os costes salariales dos traballadores contratados para levar a cabo as actuacións descritas tanto en Ribeira como en A Estrada, Santiago e Vedra.

O obxetivo xeral deste servizo e o de facilitar, mellorar e controlar a asistencia aos enfermos de alzheimer para incrementar a súa calidade de vida o máximo posible.

Os resultados esperados para as traballadoras que participan no programa é que logren desenvolver actuacións que preveñan ou melloren as situacións da vida diaria das persoas afectadas por algún tipo de demencia neurodexenerativa mediante a utilización das pautas adecuadas correspondentes coa súa profesión.

Sanidad.

Programas de Apoio e formación Centro de día

Consellería de Economía, Emprego e Industria 

Programas de Cooperación – Garantía Xuvenil

Deputación da Coruña

FOIE E FOAXE

Concello da Estrada

Programa de apoio ao Servizo de Estimulación terapéutica da Estrada

Concello de Santiago de Compostela

Programa de Envellecemento activo

Memorias

Documentos corporativos

O día 21 de maio do ano 2008 o Ministerio de Interior declarou a AGADEA (Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer) Asocaición de utilidade pública conforme o artigo 32 da Ley Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación

Esta decisión ratificouse no BOE do 3 de xuño de 2008 como poden comprobar no ficheiro adxunto

BOE. descargar

O 12 de marzo do 2013 outorgouselle ao Centro de Día de Alzheimer de Ribeira a autorización sanitaria de funcionamento, así como a acreditación de inscrición no rexistro de Centros, servicios e establecementos sanitarios co número C-15-002952 por parte da Conselleríade sanidade da Xunta de Galicia.

AGADEA, que ven xestionando dende xullo de 2010 o Centro de día de Alzheimer de Ribeira, presenta a Política de Calidade pola que se rixe dito Centro.

Esta política persegue unha mellora continua nos servizos e programas que se ofrecen dende o Centro, tanto ás persoas usuarias como ás súas familias. Nela basarase o traballo de Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira nos vindeiros anos.

O Centro de Día de Alzheimer de Ribeira acadou no 2013 a CERTIFICACIÓN DE CALIDADE ISO 9001:2008, rexistrada coa seguinte clave: EC-7544/13.

No 2018, realízase a adaptación do sistema logrando a certificación na ISO 9001:2015

ALCANCE: «GESTIÓN INTEGRAL DEL CENTRO DE DÍA PARA EL CUIDADO Y ATENCIÓN DE USUARIOS AFECTADOS POR ALZHEIMER Y OTRAS DEMENCIAS NEURODEGENERATIVAS»

Política de Calidade. Descargar

Requisitos exigidos a proveedores. Descargar