AGADEA - Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago

Terapias de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz

AGADEA leva a cabo as Terapias de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz, no Centro Sociocultural de Vite, en Santiago de Compostela, e no Centro Terapéutico na Rúa Dublín nº 6, Fontiñas (Santiago de Compostela).

Estas terapias están dirixidas a persoas con enfermidade de Alzheimer ou outra demencia, e teñen a dobre finalidade de manter o maior tempo posible as súas capacidades, á vez que se proporciona aos seus familiares un tempo de respiro.

Distribuíronse en grupos, organizados de forma homoxénea e en función do nivel de deterioro dos /as usuarios/as; e en grupos reducidos, co fin de maximizar a estimulación. Temos establecemos tres grupos segundo o grado de deterioro cognitivo:

  • enfermos con fase moderada,
  • enfermos en fase leve- moderada,
  • persoas con deterioro cognitivo lixeiro.

No Centro Terapéutico de Fontiñas o horario e de 9.30h da mañá a 20.00 horas da tarde, en horario ininterrompido de luns a venres.

Neste tempo realízanse as actividades propias de estimulación (orientación a realidade, musicoterápia, xerontoxinmásia...) e, ademais, ofertase o Servizo de Comedor.

Para cumprir un dos obxectivos das terapias ofértase ás familias a flexibilidade horaria, deste xeito temos usuarios/as que veñen en horario de mañá, de tarde, todo o día e que tamén se benefician do servizo de comedor.

No local do Centro Sociocultural de Vite o horario é de mañá de 9.30h ata ás 14.00 da tarde. Este grupo é o formado por persoas que teñen un deterioro cognitivo lixeiro.

O Obxectivo destas terapias é estimulala memoria e o resto de funcións cognitivas, aproveitando os recursos existentes, favorecendo o seu exercicio e preservándoas mediante o desenvolvemento de técnicas de compensación específicas. O mesmo tempo, nos Obradoiros favorecéronse as relación sociais, a independencia e a autoestima das usurarias

No seguinte gráfico vemos como están distribuídos os/as usuarios segundo o horario das terapias:

No seguinte gráfico vemos como están distribuídos os/as usuarios segundo o tipo de servizo que utilizan:

No seguinte gráfico vemos como están distribuidos os/as usuarios por sexos:

As Terapias de Estimulación están dirixidas por un profesional da psicoloxía, unha Educadora Social, apoiadas por catro xerocultoras (que ademais de colaborar nas actividades, atenden a aqueles enfermos/as que o precisen), e por estudantes en período de prácticas e voluntarios, que fan que a atención sexa moi personalizada.


©2010 AGADEA Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago
Salgueiriños de abaixo, no 15
Santiago de Compostela (A Coruña)
981 595 738
Desarrollo web Coingal Sistemas de Información