O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou esta mañá, logo da reunión do comité clínico que segue a evolución epidemiolóxica da covid-19 en Galicia, a decisión da establecer medidas e restricións en varios concellos, entre eles o de Santiago de Compostela.

Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos o peche dos centros de día e centros ocupacionais dende o día 3 de setembro ata novo aviso.

Atendendo a este requerimento AGADEA anuncia o pecho dos seus centros ubicados na capital galega: Centro de día de Salgueiriños, Servizo de Estimulación Terapéutica do Ensanche e Servizo de Estimulación Terapéutica de Salgueiriños (situado no CABES).

Dende a Xunta de Galicia aseguran que esta medida será revisada a vindeira semana atendendo a situación epidemiolóxica.

Dende AGADEA lamentamos as molestias ocasionadas aos nosos usuarios e as súas familias e lembramos que o resto de centros, situados en Ribeira, A Estrada e Vedra, seguen traballando con normalidade.

A intención de Sanidade é poder actuar de xeito más selectivo e con maior rapidez ante a aparición de casos nunha zona concreta. É por isto que, fronte ás medidas adoptadas para toda a comunidade autónoma dende o principio da pandemia, procura agora acoutar ao máximo a expansión do virus, restrinxindo e regulando determinadas actividades xa non por áreas sanitarias, senón por concellos, cidades ou mesmo barrios.

TODA A INFORMACIÓN NO DOGA nº 178 clicla aquí