Transporte

Servizo de transporte adaptado

AGADEA conta dende o ano 2016 cun Servizo de transporte adaptado que trata de achegar ás persoas do ámbito rural aos Servizos terapéuticos. Sen este, moitas persoas quedarían illadas sen a posibilidade de acceder aos nosos servizos. AGADEA conta cun transporte adaptado na comarca do Barbanza e outro no concello da Estrada, subvencionados na convocatoria 2017-2018 a través do GDR 18 DELOA e o GDR 16 Terras de Pontevedra Norte.

AGADEA tamén presta este servizo de transporte adaptado en Santiago de Compostela

Consultar en agadea@agadea.org