AGADEA - Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago

Novas

Actividades previstas para o 21 de Setembro, Día Mundial do Alzheimer

CURSO DE COIDADOS PALIATIVOS EN ENFERMIDADE NEURODEXENERATIVA AVANZADA

O curso impartirase no salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas en horario de 18:30 a 21:45 entre os días 21 e 30 de Setembro.

CICLO DE CINEMA

Terá lugar no Centro Cultural do Ensanche os días 13, 15 e 17 de Setembro.
Proxectaranse as seguintes peliculas:

- La caja de Pandora(2009). Dirixida por Yesim Ustaoglu
- Iris(2001). Dirixida por Richard Eyre
- El hijo de la novia(2001). Dirixida por Juan José Campanella

ACTIVIDADES DIARIAS

SÁBADO 18


Terapias de EStimulación Cognitiva e Psicomotriz na Concello de Riveira

AGADEA da comezo a Terapias de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz para Enfermos de Alzheimer e outras demencias no Concello de Riveira.

Dúas profesionais acudirán os luns e os mércores en horario de 16.00 a 20.00 h. para atender ás familias e as persoas que están a sofrir a enfermidade de Alzheimer.

Para máis información chamar a oficina ou a Servizos Sociais do Concello de Riveira


Enfermidade de Alzheimer, abordaxe multidisciplinar para coidadores. Concello da Pobra do Caramiñal

Este curso ten como obxectivo formar e informar as persoas que asumen a responsabilidade de coidar a unha persoa cunha demencia dotándolles dos recursos precisos para artellar as respostas axeitadas.

O curso no Concello da Pobra do Caramiñal, desenvolverase os días 14,15 e 16 de decembro do 2009 e 12,14,19,21 e 26 de xaneiro do 2010, en horario 18.30 a 20.30 horas.

Os contidos do Curso son os seguintes:

Módulo 1: Demencia e enfermidade de Alzheimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico
Módulo 2: Organización e planificación da vida diaria


Curso "Enfermidade de Alzheimer, aboradaxe multidisciplinar"

Data: 14,15,16 de decembro de 2009 e 12,14,19,21 e 26 de xaneiro de 2010
Lugar: Salón de Actos do ISM. No Concello da Pobra do Caramiñal
Para máis información chamar o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal


Mesa redonda "Demencia e enfermidade de Alzheimer"

Co título "Demencia e Enfermidade de Alzheimer" Declive da intelixencia e da Autonomía persoal, o Dc. Robles (neurologo) e o Dc. Veiga (Xenetista) formarán parte da mesa redonda que imos a realizar o día venres 25 de setembro no auditorio Municipal de Riveira ás 20.00 horas.
A esta mesa redonda poderá asistir toda a xente interesada.


Conferencia "Xenética nas Demencias"

O vindeiro luns 21 de setembro coincidindo co Día Mundial do Alzheimer realizaremos unha conferencia coa Neuróloga e Xenetista María Jesús Sobrido na Sede da Fundación Caixa Galicia ás 20.00 horas.
A conferencia "Xenética nas Demencias" Realidades. mitos e prespectivas de futuro, é unha oportunidade de achegarse á realidade da enfermidade.


Ciclo de Cine e Alzheimer

O vindeiro xoves día 17 no Centro Sociocultural de Fontiñas ás 19.30 terá lugar o visionado da pélícula "lejos de ella".

O xoves día 24 no Centro de Caixa Galicia da Carreira do Conde ás 20.00 terá lugar o visionado do corto "...vaime ser difícil esquencer"

Depois do visionado dos filmes terá lugar unha charla- debate con profesionais da Asociación.


Visita exposición Chaplin en imaxes

O Concello de Santiago promove a través da Concellería de Educación en colaboración coa Universidade de Santiago e a Fundación "la Caixa" esta exposición, que recolle máis de douscentos documentos, principalmente fotografías, material documental e fragmentos de películas, algúns deles inéditos.
Participantes: 7 persoas con Deterioro Cognitivo lixeiro.
Acompañaranos un equipo de 6 persoas, entre os que estarán membros da Xunta directiva (Presidenta), traballadoras (Educadora Social e Traballadora Social) e persoal voluntario.


CAMIÑO DE SANTIAGO

- Camiño de Santiago. Conmemoración do 25 de Xullo.

Co obxectivo de festexar a festividade do dia do Apóstolo Santiago, o dia 28 en horario de maña faremos un pequeno tramo do Camiño de Santiago no Concello de Arzuá. Os nosos participantes as Terapias de Estimulación Cognitiva e Psicomotriz camiñaran un pequeno tramo desta emblemática localidade.

Este ano será o segundo que se fai esta actividade con persoas que teñen Deterioro Cognitivo Lixeiro e persoas que están a padecer a enfermidade de Alzheimer ou outras demencias en fase leve.


EXPOSICIÓN ITINERANTE DA OBRA SOCIAL CAIXA GALICIA "SOLIDARÍAZATE"

11 de xuño de 2009

"ACOMPÁÑANOS A DESCUBRIR A REALIDADE DAS PERSOAS E AS FAMILIAS QUE CONVIVEN CO ALZHEIMER"

Invitámoste á proxección do documental "...vaime ser difícil esquencer" que representa o esforzo para acercar á sociedade a dura realidade do Alzheimer e o labor que realiza AGADEA, coa colaboración desinteresada do persoal voluntario.

Lugar: Sede de AGADEA
Días: 10 e 11 de xuño// de 11.00 ás 12.00 horas


©2010 AGADEA Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago
Salgueiriños de abaixo, no 15
Santiago de Compostela (A Coruña)
981 595 738
Desarrollo web Coingal Sistemas de Información