
Un sentimento habitual da persoa que asume a responsabilidade de coidar ao seu familiar, enfermo de Alzheimer ou doutra demencia, é o de sentirse soa, con medo e culpa, que todo é difÃcil, que non sabe cómo facer as cousas, e que non lle chegan as forzas.
Esa persoa ten que lembrar que: a forma máis doada de facer algo difÃcil é saber como se fai e que hai profesionais e outros coidadores familiares que, achegando a súa experiencia, lle poden axudar.
No Concello, no Departamento de Servicios Sociais, facilitaranlle información sobre os servicios que lle poden dar, as prestacións que pode solicitar e os programas en que pode participar.
No Centro de Saúde, o médico e o persoal de enfermerÃa responsables da continuidade da atención e dos coidados resolverán moitas dúbidas sobre a evolución da enfermidade e, cando sexa necesario,visitarán ao enfermo no seu domicilio.
Nas asociacións atopará persoas que, como vostede, estarán comezando a tarefa de coidar unha persoa con demencia e outras que xa a coidaron ata o final: todas están dispostas a compartir a súaexperiencia.
Tamén atopará persoas voluntarias, responsables e solidarias, dispostas a axudar; e profesionais que se poñen ao seu dispor para aclararlle calquera dúbida.