Día do Alzhéimer 2018

DIA DO ALZHEIMER 2018

O día 21 de setembro celébrase o día mundial do Alzhéimer, evento instituído pola organización mundial da saúde. AGADEA todos os anos sae as rúas poñendo mesas informativas en distintos puntos da cidade (Hospitais, Atención Primaria, Prazas, Centros Comerciais, Igrexas, etc). Estes actos leváronse a cabo tanto no Concello de Santiago de Compostela coma en Ribeira coma en A Estrada.

Acto central

O lema escollido este año por FAGAL, la federación galega de Alzheimer, á que pertence AGADEA, foi: Recorda quen son. Este lema xorde da necesidade de buscar o compromiso da sociedade, facendo ver a problemática que supón a enfermidade e tratando de incidir na importancia que tena súa participación para que, entre todos, poidamos conseguir que o Alzheimer sexa considerado unha prioridade de saúde pública por parte das administracións. O acto central de AGADEA tivo lugar no Mercado de Abastos de Santiago

Andainas

O longo do mes de setembro e outubro de 2018 realizáronse varias actividades co obxectivo claro de sensibilizar a poboación en xeral sobre a enfermidade.

ANDAINA EN RIBEIRA

O venres 24 de agosto de 2018, tivo lugar a 3ª Andaina Solidaria co Alzhéimer. Nesta 3ª edición consolidouse esta cita anual desbordando todas as espectativas.

ANDAINA NA ESTRADA
Máis de dúascentas persoas participaron na Andaina da Estrada, na que ademais houbo actividades paralelas para os máis cativos, un photocall, música…

Exposicións

Exposición Pasabodegas

Exposición Capacitarte

Baixo o lema ‘Dereito a ser maior’ realizouse esta exposición no popular festa do ‘Pasabodegas’ de Vedra (á esquerda) A dereita, Exposición CAPACITARTE realizada na sede da Xunta de Galicia. A súa inauguración acudiron persoas usuarias do Ensanche.

Camiñando polo Alzhéimer

Membros da AGADEA, encabezados pola súa presidenta, Isabel Gey, culminaron a Praza do Obradoiro unha peregrinaxe que os levou a percorrer o Camiño Portugués, de Tui a Compostela. A finalidade desta ruta foi a de coñecer os centros especializados que prestan servizos a estes doentes e a súas familias ao longo deste tramo do Camiño.

Concerto solidario

O Auditorio do Colexio La Salle, en Santiago de Compostela, acolleu o IV Concerto Solidario da asociación Compostela Solidaria, que este ano se realizou para recadar fondos para AGADEA.