Agadea superou con éxito o reto virtual de sumar quilómetros polo Alzhéimer ata alcanzar os 154,79 km percorridos. Así, ata corenta persoas participaron na Andaina Virtual ‘Os Camiños da Memoria’. Entre familias con bebés, grupos de amigos/as, usuarias do Centro de día ou e membros do  Clube Sachacamiños. Cada un deles mandou unha foto co seu nome e os quilómetros da súa ruta. Houbo os que percorreron uns metros e outros que realizaron 15 km. Todos os esforzos sumaron nestes #QuilómetrosPoloAlzhéimer.

Este venres, 21 de agosto, Agadea publicou nas súas redes sociais un vídeo que recolle todos os momentos da Andaina Virtual, na que ademais se entregou un Dorsal Solidario aos que o solicitaron e abriuse unha conta para doazóns.

Agadea solicitoulle a todos os participantes que respectaran as medidas de seguridade sanitaria establecidas pola autoridade competente: máscaras e distancia social.

Malia a difícil situación xerada pola pandemia, Agadea mantén abertos os seus Centros de día en Ribeira, Santiago e A Estrada, para atender as necesidades das persoas maiores, cumprindo escruprulosamente os protocolos sanitarios.