Chegar á vellez coa mellor calidade de vida, ese é o obxectivo que se marca no libro PROGRAMA DE ENTRENAMIENTO PARA ENVEJECER ACTIVAMENTE que foi presentado onte en Santiago. Trátase dun manual, en formato papel e dixital coas explicacións e o material necesario para levar a cabo dinámicas grupais. Está especialmente recomendado para profesionais que traballan con persoas maiores sen deterioro cognitivo  que queren manter as súas capacidades e está elaborado a partir dos programas de entrenamento cognitivo e prevención do deterioro que dende hai anos se veñan aplicando con gran éxito en Agadea Alzheimer e tamén en Afaga Alzheimer.

O manual foi presentado por dous dos seus autores, Mª Noelia Riaño (directora do Centro de Día de Alzheimer de Ribeira e psicóloga de Agadea Alzheimer) e David Facal (profesor do Departamento de Psicoloxía e psicólogo da Unidade de Psicoxerontoloxíade da Universidade de Santiago de Compostela) baixo a moderación de Isabel Zambrano (traballadora social do Centro de Saúde de Vite). 

O psicólogo David Facal, explicou que esta proposta vai máis alá de facer fichas “trátase de novos estilos de procesar, de entender a vida e o que nos pasa”. Mentres Noelia Riaño apostou por vencer que o “medo” que moitas persoas teñen a vir a estas actividades porque “cren que non van estar á altura”. 

Pódese adquirir en calquera libraria ou a través deste enlace á web de @EditorialCCS