AGADEA - Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago

AGADEA celebra esta semana a 2ª sesión da Escola de Familias " A Fisioterapia Día a Día"

Durante esta semana celebrarase o 2ª Sesión da Escola de Familias este ano co nome " A fisioterapia Dia a Día".
Este comezou a impartirse o pasado mes de Novembro, e está dirixido a formación de coidadores de persoas con Alzheimer e outras Demencias.

Celebrouse no día de Onte no Centro de Día de Alzheimer de Ribeira, e celebrarase tamén o vindeiro xoves día 22 as 18:00h na sede Social de AGADEA en Santiago de Compostela.

O tema a tratar nesta 2ª Sesión é o seguinte: “Cambios posturales e movilizacións de persoas con movilidade reducida”.
Tratarase a importancia de realizar os cambios posturais adecuadamente para previr as úlceras por presión, a través dunha sesión práctica e participativa. Ademáis, daranse pautas para que os coidadores sexan capaces de realizar a movilización dunha persoa con movilidade reducida de maneira exhaustiva.

Adxuntos


©2012 AGADEA Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago
Salgueiriños de abaixo, no 15
Santiago de Compostela (A Coruña)
981 595 738
Desarrollo web Coingal Sistemas de Información