25 aniversario

O 21 de setembro de 2019 coincidindo co Día Mundial do Azheimer AGADEA celebrou unha gala durante a cal se  entregaron varias distincións: aos voluntarios/as
Isabel Redondo, Jesús Filloy e Mari Luz Caamaño; ao Grupo de Apoio ao Coidador de Vite, dirixido por Isabel Redondo, e a María Luisa Fernández López, empregada de Agadea, que recibiu o recoñecemento a «Toda unha unha vida».

No evento tamén estaban presentes a concelleira de Políticas Sociais e Saúde, Mila Castro; os edís do PP Alejandro Sánchez-Brunete e José Antonio Constenla, e a portavoz do grupo do BNG, Goretti Sanmartín, ademais da conselleira de Política Social, Fabiola García. A gala foi presentada pola xornalista da Radio Galega Clara de Saá.